martes, 1 de diciembre de 2009

RECICLAXE DIVERTIDA

A mestra explicounos que temos que coidar o contorno, porque senón cando pasen moitos anos ninguén vai poder disfrutar do que este nos oferta. Co cal estivemos facendo novos xoguetes a partir de materiais de refugallo.
O exemplo que se amosa de seguido está feito cun soporte de compact disc virxes, cunha botella de plástico, cuns prospectos de menciñas, con bolsas de panos de papel, con bastonciños dos oídos, co tapón dunha botella, con papel de aluminio, coa tapa dun bote de escarvadentes e cun lazo de regalo.
Estamos moi contentos, porque colaboramos na reciclaxe e agora temos xoguetes cos que divertirnos.

Este é un exemplo:


No hay comentarios:

Publicar un comentario